Pedro Otero Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Otero Rey
 Redondela
Falecemento13 de outubro de 1990
 Redondela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
PaiPedro Otero Sestelo
editar datos en Wikidata ]

Pedro Otero Rey, nado en Redondela e finado no mesmo concello o 13 de outubro de 1990,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hago saber
Alcalde de Redondela

Yo, el alcalde de esta real villa; tierra de pazos y conventos,
de preclaros frailes y santas monjas,
de nobles señores y viejos hidalgos;
de curtidos marineros y hábiles artesanos;
de poetas, de pintores, de músicos y liberales...
Redondela, 1976.
Pedro Otero Rey,
Bando do Alcalde nas Festas da Coca, 1974[2]

Fillo do político galego Pedro Otero Sestelo e neto do tamén político Pedro Otero Milleiro. Entre outros, ostentou o cargo de alcalde de Redondela, ao que accedeu o 11 de marzo de 1966, sucedendo ao anterior alcalde, Juan Muíños Iglesias. Ademais de alcalde foi tamén deputado provincial. Dende a súa elección o 29 de marzo de 1964, foi reelixido en 1967 e 1971. Dimitiu como alcalde en 1976. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Alianza Popular e foi elixido concelleiro. Morreu en Redondela aos 65 anos.


Predecesor:
Juan Muíños Iglesias
 Escudo de Redondela (Pontevedra).svg
Alcalde de Redondela
 
1966 - 1977
Sucesor:
Amado González Cardama

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Margarita Alfaya García.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-10-1990, p. 26.
  2. Juan Manuel López-Chavez Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I). Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 8486845092.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]