Pedro Miguel Caravelos Piñeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de febreiro de 1781 Tui, España |
Morte | 15 de marzo de 1851 (70 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Pedro Miguel Caravelos Piñeiro, nado en Tui o 11 de febreiro de 1781 e finado na mesma vila o 15 de marzo de 1851[1], foi un avogado, profesor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela, da que chegou a ser reitor. Despois retirouse a Tui onde foi profesor nun Colexio de Filosofía e Humanidades creado polo concello e despois foi catedrático de Historia no Instituto de Tui. Escribiu unha historia do Colexio de Fonseca que foi publicada en La Integridad co título Fonseca. Datos históricos.