Pedro Acacio Sandoval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Acacio Sandoval
Nacemento2 de xuño de 1870
Lugar de nacementoVillarrobledo
Falecemento28 de xullo de 1936
Lugar de falecementoVillarrobledo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e propietario
editar datos en Wikidata ]

Pedro Acacio Sandoval, nado en Villarrobledo (provincia de Albacete) en 1870 e finado na mesma localidade o 28 de xullo de 1936, foi un político español. Pertencía a unha das familias acomodadas desa localidade. Casou con Mery de la Peña Acacio, foi propietario do Diario de Albacete, deputado agrario en 1933 e posteriormente deputado da CEDA.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante o seu primeiro período de actividade política foi monárquico conservador, presidindo a Deputación de Albacete entre o 4 de maio de 1915 e o 1 de maio de 1917.

O 29 de xaneiro de 1931 tomou posesión como concelleiro de Villarrobledo, localidade da que chegou a ser alcalde. Coa chegada da II República presentouse a deputado nas Cortes como agrario independente, non resultando elixido. Porén, en 1933 conseguiu un escano logo de presentar a súa candidatura pola Unión Agraria Provincial. Nas eleccións de 1936 foi reelixido como candidato de CEDA xunto a Antonio Bernabeu Yeste, de Acción Popular, e Mateo Sánchez Rovira, do Partido Agrario, dentro da candidatura do Centro Dereita.

Finou asasinado na Guerra Civil, sendo fusilado no camposanto de Villarrobledo a noite do 27 ao 28 de xullo de 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]