Pecten oculi
O pecten oculi (peite ocular) ou, simplemente, pecten é unha estrutura xeralmente moi pregada cunha forma que lembra un peite de vasos sanguíneos que pertence á coroide dos ollos das aves, situada na parte media do ollo. É unha estrutura non sensorial pigmentada que se proxecta no humor vítreo desde o punto en que o nervio óptico entra no globo ocular.[1] O pecten crese que nutre a retina e controla o pH do corpo vítreo.[2] O alto nivel de actividade do encima fosfatase alcalina observado no pecten oculi foi ligado ao transporte de moléculas nutrientes desde o altamente vascularizado pecten oculi ao humor vítreo e despois ás células da retina para facilitar a súa nutrición.[3] Está presente en todas as aves e algúns réptiles.[4]
No ollo dos vertebrados, os vasos sanguíneos están situados diante da retina, polo que en parte escurecen a imaxe. O pecten axuda a resolver este problema ao reducir moito o número de vasos sanguíneos sobre a retina e facilitar unha gran agudeza visual en aves como os falcóns.[5] A pigmentación do pecten crese que protexe os vasos sanguíneos dos danos producidos pola luz ultravioleta. A absorción de luz dispersada polos gránulos de melanina do pecten oculi tamén se considera que dá lugar a pequenos incrementos na temperatura do pecten e do ollo; isto pode supoñer un incremento da taxa metabólica para optimizar a fisioloxía do ollo a baixas temperaturas como as que hai en voos a grande altitude.[6] O pecten podería tamén dar sombra á retina protexéndoa da luz cegadora ou axudar a detectar obxectos en movemento.[7]
A estrutura varía segundo a especie de ave e é cónica no kiwi, barbada nas avestruces[8] e pregada na maioría das demais aves.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Walls (1942). The Vertebrate Eye and its Adaptive Radiation. Hafner. ISBN 0-02-854430-7.
- ↑ Kiama, S. G.; Maina, J. N.; Bhattacharjee, J.; Weyrauch, K. D. (2001). "Functional morphology of the pecten oculi in the nocturnal spotted eagle owl (Bubo bubo africanus), and the diurnal black kite (Milvus migrans) and domestic fowl (Gallus gallus var. domesticus): a comparative study". Journal of Zoology 254: 521–528. doi:10.1017/s0952836901001029.
- ↑ Bawa, S R; YashRoy, R C (1972). "Effect of dark and light adaptation on the retina and pecten of chicken.". Experimental Eye Research 13: 92–97. PMID 5060117. doi:10.1016/0014-4835(72)90129-7.
- ↑ Bonney, Rick; Rohrbaugh, Jr., Ronald (2004). Handbook of Bird Biology (2nd ed.). Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 0-938027-62-X.
- ↑ Ainsworth, Claire; Le Page, Michael (August 11, 2007). "Evolution's greatest mistakes" (PDF). New Scientist (195.2616). Consultado o 7 November 2016.
- ↑ Bawa, S R; YashRoy, R C (1974). "Structure and function of vulture pecten.". Cells Tissues Organs 89: 473–480. PMID 4428954. doi:10.1159/000144308.
- ↑ Sinclair, Sandra (1985). How Animals See: Other Visions of Our World. Beckenham, Kent: Croom Helm. ISBN 978-0-7099-3336-6.
- ↑ S G Kiama, J N Maina, J Bhattacharjee, D K Mwangi, R G Macharia, K D Weyrauch. The Morphology of the Pecten Oculi of the Ostrich, Struthio Camelus. Ann Anat. 2006 Nov;188(6):519-28. doi: 10.1016/j.aanat.2006.06.004. PMID 17140144 [1]
- ↑ Kiama, S G; Bhattacharjee, J; Maina, J N; Weyrauch, K D (December 1994). "A scanning electron microscope study of the pecten oculi of the black kite (Milvus migrans): possible involvement of melanosomes in protecting the pecten against damage by ultraviolet light". Journal of Anatomy 185 (Pt 3): 637–642. PMC 1166670. PMID 7649799.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conus papillaris, unha estrutura similar que se encontra nos réptiles
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fotos de microsocpio electrónico Arquivado 08 de xullo de 2020 en Wayback Machine. do pecten do Milvus migrans