Pazo dos Xil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo dos Xil
Coordenadas42°37′43″N 8°11′32″O / 42.628539135989, -8.1923182889927Coordenadas: 42°37′43″N 8°11′32″O / 42.628539135989, -8.1923182889927
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O Pazo dos Gil ou Pazo dos Xil está situado na parroquia lalinense de Barcia, no camiño que une Barcia e Ribela. Foi construído no século XVII, sendo un edificio vinculado ás casas de Bergazos e Des. No seu escudo figuran armas dos Gil, Taboada, Varela, Camba e Deza.

A planta do edificio é en ele. A solaina está sostida por columnas con capiteis decorados. A factura é de sólidos muros de perpiaño. As columnas do piso inferior están decoradas con diversos motivos. Incluída na construción atópase unha torre lateral rematada con floróns e gárgolas.

O conxunto está flanqueado por un muro de cantería, coa entrada principal de perpiaño en arco de medio punto rematado este por un frontón e escudo sobre a clave.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]