Palacio da Bolsa do Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pazo da Bolsa do Porto»)
Palacio da Bolsa do Porto
Fachada do Palacio da Bolsa do Porto
Coordenadas41°08′29″N 8°36′56″O / 41.141369, -8.615686Coordenadas: 41°08′29″N 8°36′56″O / 41.141369, -8.615686
editar datos en Wikidata ]

O Palacio da Bolsa do Porto, Portugal (en portugués, Palácio da Bolsa) é un edificio (pazo urbano) neoclásico que comezou a se construír en 1842 polo arquitecto Joaquim da Costa Lima como sede da Asociación Comercial do Porto. Atópase situado na Rúa Ferreira Borges, á beira da Igrexa de San Francisco (São Francisco), centro histórico da cidade, clasificado pola Unesco como Patrimonio da Humanidade.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Planeado por Gonçalves de Sousa, salienta a ampla e pintoresca Sala Arábiga, inspirada no Palacio da Alhambra de Granada en España, cuxa construción empezou en 1862 onde a súa rica decoración se ve potenciada pola iluminación, que produce uns fermosos efectos cromáticos. Tamén están o Patio das Nacións (Pátio das Nações) completamente acristalado, a Sala do Presidente, a Biblioteca con máis de 10.000 volumes, as esculturas de Soares dos Reis e Teixeira Lopes e as pinturas de António Ramalho, Veloso Salgado, António Carneiro and Henrique Medina. É a sede da Cámara de Comercio e Industria do Porto.[1]

Serviu de recepción de grandes mandatarios e alberga diferentes eventos e actividades. É unha das atraccións arquitectónicas máis importantes da cidade, visitada por máis de 200.000 turistas ao ano. Está clasificado como Monumento Nacional.

Medidas das salas:

  • Patio das Nacións: 506 m²
  • Sala Árabe: 315 m²
  • Habitación Asemblea Xeral: 153 m²
  • Auditorio: 127 m²
  • Sala do Presidente: 42 m²

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]