Paulo Kellerman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Leiria, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Paulo Kellerman, nado en Leiría en 1974, é un escritor portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou o seu percorrido publicando as súas obras en edicións de autor limitadas. Editou un primeiro libro, de micro-narrativas, en 2001.[1] Posteriormente, tense dedicado á explotación e experimentación das diversas formas de narrativa breve e conto, estando o seu traballo reunido en varias colectáneas.
Foi un dos responsábeis da saída e edición da revista literaria Cadernos do Alinhavar. O seu blog é A Gaveta do Paulo.[2] Coorganizou, tamén, varios eventos culturais con escritores e iniciativas literarias de relevo.[3]
Ten colabaorado en Jornal de Leiria,[4] DNa, DN Jovem, Revista Rodapé, Revista Bruxinha e nos sitios Rua de Baixo, Diospiro Joyeux e Storm Magazine.[3]
Revelando unha gran coherencia e solidez temática, a súa obra evidénciase pola forma cirúrxica e desapaixonada, crúa mais clarividente, como espella as banalidades e contradicións, perplexidades e frustraciónss, dúbidas e incomunicacións que caracterizan a existencia cotiá, forzando frecuentemente o lector a confrontarse consigo mesmo.[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Livro de Estórias (1999). Edición de autor.
- Dicionário (2000). Edición de autor.
- Sete (2000). Edición de autor.
- Miniaturas (2001). Edições Colibri. 56 miniaturas de historias.
- Uma Pequena Nuvem Solitária perdida no Imenso Azul do Céu (2001). Edición de autor.
- Fascículo (2002 a 2005, 75 edicións). Edición de autor.
- Da Vida e da Morte (2005). Edición de autor.
- Gastar Palavras (2006). Deriva Editores. Contos.
- Os Mundos Separados que Partilhamos (2007). Deriva Editores.
- Silêncios entre Nós (2008). Deriva Editores. Contos
- Chega de Fado (2010). Deriva Editores. Novela.
- O Céu das Mães (2014). Paulinas Editora. Con Rute Reimão. Literatura infantil.
- Serviços Mínimos De Felicidade (2016). Arquivo. Novela.
Participación en exposicións literarias
[editar | editar a fonte]- Foto estórias (2000)
- As Palavras do Olhar (2002)
- Pedaços de Literatura (2005)
- Insignificâncias (2006).
Premios
[editar | editar a fonte]- 2000: Premio Manuel Teixeira Gomes por Miniaturas.
- 2005: Grande Premio de Conto Camilo Castelo Branco, da Asociación Portuguesa de Escritores por Gastar palavras.
- 2006: Menção Honrosa do Prémio Nacional de Conto Manuel da Fonseca.
- Menção Especial do Júri com o Prémio Literário Manuel Teixeira Gomes.
- 2º Prémio Literário Afonso Lopes Vieira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Edições Colibri. Miniaturas". www.edi-colibri.pt. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-01.
- ↑ "a gaveta do paulo". agavetadopaulo.blogspot.com (en portugués). Consultado o 2020-06-01.
- ↑ 3,0 3,1 "Paulo Kellerman. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-06-01.
- ↑ "Jornal de Leiria ― Autor de Opinião ― Paulo Kellerman, escritor". Jornal de Leiria ― Autor de Opinião ― Paulo Kellerman, escritor (en portugués). Consultado o 2020-06-01.
- ↑ "Paulo Kellerman". C.M. da Póvoa de Varzim (en portugués). Consultado o 2020-06-01.