Saltar ao contido

Paula Sebastián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaula Sebastián

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0780988 Editar o valor en Wikidata

Paula Sebastián, nada en Pontevedra en 1962[1], é unha actriz galega de teatro, cine e televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Actriz de formación teatral, dende comezos dos anos oitenta actuou nos escenarios, realizando tamén pequenos papeis secundarios en televisión (Anillos de oro, Segunda enseñanza). Neses anos interpretou sobre as táboas Die bitteren Tränen der Petra von Kant (1986), El placer de su compañía (1988) Y yo con estos nervios (1989), con Iñaki Miramón e Tomás Gayo.

En 1989 xurdiulle a oportunidade, a través de Hugo Stuven, de participar nunha pequena comedia de sketches no programa de humor de TVE Pero... ¿esto qué es?, xunto a debutantes na pequena pantalla como Elisa Matilla e actores de máis longa traxectoria como Alfonso Lussón.

Tras esa incursión en TV, de volta ós escenarios, en 1990 estreou Un sabor a miel, de Shelagh Delaney, xunto a Beatriz Carvajal. Séguelle Etiqueta Negra (1991), cuxa interpretación a fixo merecedora do Premio Ercilla de Teatro.

En 1994 debutou no cine, e participou en Cómo ser infeliz y disfrutarlo, con Carmen Maura, o primeiro dos dous títulos nos que participou, sendo o outro Os aires difíciles. Un ano despois participou na primeira tempada da exitosa serie de televisión Médico de familia. A súa seguinte intervención na pequena pantalla fíxose esperar até 2000 en que se incorporou a algúns episodios da serie El Comisario en Telecinco.

  1. J.A.V. (5 de xaneiro de 1984). "Paula Sebastián, entre el orvallo y La Gran Vía". ABC (en castelán).