Paula Ojea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paula Ojea
Nacemento1983
 Nigrán
Ocupaciónceramista
PremiosPremio Nacional de Artesanía
editar datos en Wikidata ]

Paula Ojea Fernández-Colmeiro, nada en Nigrán en 1983,[1] é unha enxeñeira e ceramista galega. En 2019 recibiu o Premio Nacional de Artesanía na categoría de Premio Produto.[2][3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paula Ojea comezou a facer cerámica de nena no taller municipal de Nigrán, onde tivo a Emilia Guimeráns como profesora. Estudou enxeñería de camiños,canais e portos na Universidade da Coruña e posteriormente traballou en Nova York como enxeñeira de estruturas.[5] Tras realizar un máster en sostenibilidade e transporte en Londres marchou a Barcelona, onde traballou nunha compañía adicada ao deseño e montaxe de torres para turbinas eólicas.[6]

Posteriormente deixou o seu traballo en Barcelona para dedicarse a cerámica en Vigo, creando o seu estudo.[5] En 2017 recibiu a bolsa Eloy Gesto, outorgada nos Premios de Artesanía de Galicia.[7][8]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2019 obtivo o recoñecemento na categoría de produto nos Premios Nacionais de Artesanía que convoca o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La ceramista sin vértigo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-02-01. Consultado o 2020-08-23. 
  2. 2,0 2,1 Calero, Juan F. (2020-02-26). "Paula Ojea (Ojea Studio): “Cada vez más gente aprecia lo auténtico, las cosas que cuentan una historia” - innovación en español". innovaspain (en castelán). Consultado o 2020-08-23. 
  3. "Paula Ojea, la ceramista gallega que ha ganado el Premio Producto de Artesanía". Quincemil (en castelán). Consultado o 2020-08-23. 
  4. culturagalega.org (2019-12-05). "A ceramista Paula Ojea obtivo tamén un dos galardóns que outorga o Ministerio de Industria". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-08-23. 
  5. 5,0 5,1 "Acerca de OJEA STUDIO". OJEA STUDIO (en castelán). Consultado o 2020-08-23. 
  6. "Una apuesta certera por la cerámica". www.farodevigo.es. Consultado o 2020-08-23. 
  7. Atlántico (2017-12-26). "Paula Ojea, ceramista con espíritu de artista y análisis de ingeniera". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-08-23. 
  8. "Premios". Artesanía de Galicia. Consultado o 23-8-2020. 


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]