Patrimonio do mercurio. Almadén e Idrija
| Tipo | conxunto de estruturas ou edificios | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Almadén, España e Idrija, Eslovenia | |||
| ||||
| Composto por | Almadén Old Town (en) Idrija water tank (en) Kamšt water pump with the Rake water channel and Kobila dam (en) Idrija Lagoon (en) Putrih Reservoir on the Belca River (en) Brus Reservoir on the Belca River (en) Idrija Smelting Plant (en) Bullring of Almadén (en) Mina del Castillo Buildings (en) Idrija Old Town (en) Royal Forced Labour Gaol (en) Real Hospital de Mineros de San Rafael Idrijca Klavže (en) | |||
| Características | ||||
| Superficie | 104 ha | |||
| Patrimonio da Humanidade | ||||
| Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
| Data | 2012 (36ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii) e (iv) | |||
| Identificador | 1313 | |||
Patrimonio do Mercurio. Almadén e Idrija é un conxunto Patrimonio da Humanidade da UNESCO en Almadén, Castela-A Mancha, España e Idrija, Eslovenia. Os bens comprenden dous sitios mineiros de mercurio. En Almadén extraeuse mercurio desde a antigüidade, mentres que en Idrija atopouse por primeira vez en 1490.[1]
Os sitios testemuñan o comercio intercontinental de mercurio que xerou importantes intercambios entre Europa e América ao longo dos séculos. Os dous sitios representan as dúas maiores minas de mercurio do mundo e estiveron operativas ata tempos recentes. O mercurio xogou un papel importante na extracción de ouro e prata, minerais escavados nas minas americanas. Ademais, ambos xacementos ilustran os distintos elementos industriais, territoriais, urbanos e sociais dun sistema sociotécnico específico nas industrias mineiras e de produción de metais.[1]
No corazón do xacemento de Almadén hai un museo mineiro, onde o público pode entrar a unha mina subterranea.[2] Tamén hai edificios relacionados coa historia mineira da cidade, incluído o castelo de Retamar,[3] o hospital mineiro de San Rafael (agora un arquivo) e vivendas do século XVIII que forman unha praza de touros hexagonal.[4]
O sitio de Idrija conta especialmente con almacéns e infraestruturas de mercurio, así como vivendas e un teatro para mineiros.
Proceso de candidatura
[editar | editar a fonte]
Idrija comezou o proceso para inscribir o patrimonio de mercurio na lista do patrimonio da UNESCO no 2006.[5] Inicialmente, o nomeamento realizouse xunto coa mina de mercurio de Huancavelica no Perú, en relación á ruta intercontinental "Camino Real". Na segunda etapa, a candidatura centrouse no patrimonio do mercurio en relación coa minería da prata, xunto coa mina San Luis Potosí] en México, con todo, o nomeamento non reuniu o suficiente apoio. A exitosa terceira etapa da candidatura centrouse na extracción do mercurio en relación cos procesos tecnolóxicos e industriais que influíron no desenvolvemento económico e cultural das dúas rexións..[6]
Lista de monumentos rexistrados
[editar | editar a fonte]

Os sitios do "Patrimonio de Mercurio" son os seguintes:[7]
Almadén
[editar | editar a fonte]| Código | Nome | Localización | Zona de proteción | Coordinadas |
|---|---|---|---|---|
| 1313rev-001 | Centro histórico de Almadén | Almadén | 48.98 ha | 38°46′31″N 4°50′37″O / 38.775278, -4.843611 |
| 1313rev-002 | Edificios da Mina do Castelo | Almadén | 0,22 ha | 38°46′21″N 4°50′23″O / 38.772500, -4.839722 |
| 1313rev-003 | Prisión real de traballos forzados | Almadén | 0.11 ha | 38°46′19″N 4°50′03″O / 38.771806, -4.834167 |
| 1313rev-004 | Hospital Real de San Rafael (nenos) | Almadén | 0.10 ha | 38°46′22″N 4°49′53″O / 38.772778, -4.831389 |
| 1313rev-005 | Praza de touros | Almadén | 0.25 ha | 38°46′30″N 4°49′47″O / 38.775091, -4.829682 |
Idrija
[editar | editar a fonte]| Código | Nome | Localización | Zona de proteción | Coordenadas |
|---|---|---|---|---|
| 1313rev-006 | Centro histórico de Idrija | Idrija | 47.33 ha | 46°00′02″N 14°01′19″L / 46.000612, 14.022061 |
| 1313rev-007 | Fundición | Idrija | 0.60 ha | 46°00′25″N 14°01′52″L / 46.006944, 14.031111 |
| 1313rev-008 | Bomba Kamšt con canle de auga e depósito (Kobila) | Idrija | 1.61 ha | 45°59′56″N 14°01′51″L / 45.998889, 14.030833 |
| 1313rev-009 | Depósito de auga | Idrija | 0.71 ha | 46°01′04″N 13°56′22″L / 46.017778, 13.939444 |
| 1313rev-010 | Lagoa Idrija | Idrija | 1.21 ha | 46°00′10″N 13°55′12″L / 46.002778, 13.920000 |
| 1313rev-011 | Encoro de Putrih no río Belca | Idrija | 0.49 ha | 45°58′34″N 13°56′01″L / 45.976111, 13.933611 |
| 1313rev-012 | Encoro de Brus no río Belca | Idrija | 2.49 ha | 45°58′13″N 13°57′08″L / 45.970278, 13.952222 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Heritage of Mercury. Almadén and Idrija - UNESCO World Heritage Centre
- ↑ "Mining Park". Tourist Office of Rios EVA Mancomunidad. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2016.
- ↑ "Retamar Castle". Tourist Office of Rios EVA Mancomunidad. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2016.
- ↑ "Bullring". Tourist office of Rios EVA Mancomunidad. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2016.
- ↑ Občina Idrija - Dediščina živega srebra Arquivado 2012-06-27 en Wayback Machine.
- ↑ Rudnik živega srebra Idrija zapisan na Unescov seznam :: Prvi interaktivni multimedijski portal, MMC RTV Slovenija
- ↑ Fuente: Unesco
