Patch the Sky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Patch the Sky
Álbum de Bob Mould
Publicado25 de marzo de 2016
Duración44:55
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Merge Records
Producido porBob Mould
Cronoloxía
Beauty & Ruin
(2014)
Patch the Sky Sunshine Rock
(2019)

Patch the Sky é o décimo segundo álbum en solitario do músico estadounidense Bob Mould, antigo membro de Hüsker Dü e Sugar, publicado o 25 de marzo de 2016 a través do selo Merge Records.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Patch the Sky é descrito por Mould como o terceiro álbum dunha triloxía, sendo os outros dous o Silver Age de 2012 e o Beauty & Ruin de 2014. Esta triloxía inciciouse coa fichaxe de Mould por Merge Records e co recrutamento do baixista Jason Narducy e o batería Jon Wurster para a súa banda de gravación e xira.

Bob Mould considerou inicialmente facer un álbum principalmente acústico, semellante á súa estrea de 1989 Workbook. A canción "Hold On" data desa época, e foi escrita como unha canción acústica máis lenta en 2013.[1]

A nai de Mould morreu tras o lanzamento de Beauty & Ruin, e isto, xunto con outras circunstancias na vida do músico, fixo que o ton do álbum fose máis escuro.[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Bob Mould. 

N.º Título Duración
1. "Voices in My Head"   3:54
2. "The End of Things"   3:37
3. "Hold On"   2:55
4. "You Say You"   2:59
5. "Losing Sleep"   3:25
6. "Pray for Rain"   3:20
7. "Lucifer and God"   3:45
8. "Daddy's Favorite"   3:19
9. "Hands Are Tied"   1:44
10. "Black Confetti"   4:15
11. "Losing Time"   2:11
12. "Monument"   5:31
44:55

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Catching The Rain". Stereogum. 2016-01-11. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 2020-10-16.