Pastor Bazarra Sánchez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1918 A Coruña, España |
| Morte | 5 de xaneiro de 1996 Carballo, España |
| 1975 – 1979 ← Manuel Bello Pallas – José Sánchez Vilas → | |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
Pastor Bazarra Sánchez, nado na Coruña en 1918 e finado en Carballo o 5 de xaneiro de 1996,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado de profesión, nos anos cincuenta instalouse en Carballo. Foi presidente da Hermandad Sindical Local de Labradores y Ganaderos de Carballo e concelleiro de Carballo nos anos setenta e primeiro tenente alcalde. Foi nomeado alcalde de Carballo en febreiro de 1975,[2] manténdose ata as primeiras eleccións democráticas.
| Predecesor: Manuel Bello Pallas |
Alcalde de Carballo 1975 - 1979 |
Sucesor: José Sánchez Vilas |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Socorro Varela Bermúdez e foi pai de María Socorro Bazarra Varela.