Pasión prohibida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pasión prohibida
Ficha técnica
Título orixinalPasión prohibida
DirectorAmando de Ossorio
GuiónAmando de Ossorio
IntérpretesSusana Estrada, Emilio Álvarez, Lynn Endersson, Rafael Hernández, María Rey, Gabriela Mosch, Luis Marín, Vanessa Hidalgo, Emilio Linder
MúsicaAlfonso Santisteban
FotografíaPablo Ripoll
MontaxeAntonio Gimeno
EstudioStudio 80
Estrea29 de outubro de 1980
Duración87 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDrama, Erótico
Na rede
IMDB: tt0081309 Filmaffinity: 207778 Editar o valor em Wikidata

Pasión prohibida é un flme galego de 1980 dirixido por Amando de Ossorio.

Argumento[editar | editar a fonte]

Teresa (Susana Estrada), unha estrela de variedades, abandona o local no que traballa para volver á súa localidade natal en Galicia e asistir ao funeral de seu pai. Alí está seu irmán Miguel (Emilio Álvarez), quen agora herda o negocio familiar e por quen Teresa comeza a sentir unha forte atracción. A pesar de que Miguel ten moza e plans para casaren, non se pode resistir ao xogo de sedución de súa irmá. Por outra banda, Leonor (Lynn Endersson), a dona do local onde traballaba Teresa, non soporta a ausencia da súa bailarina estrela e antiga amante, e intenta por todos os xeitos recuperala.

Elenco[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Foi a penúltima película de Amando de Ossorio e a única incursión deste no chamado "cine S". A rodaxe realizouse en Camariñas[1] e inclúe escenas da tradicional procesión marítima da Virxe do Carme.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Costa da Morte en la gran pantalla". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de novembro de 2011. Consultado o 16 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]