Pascon agan Arluth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As liñas iniciais de Pascon agan Arluth na edición de 1826.

O poema anónimo Pascon agan Arluth é a obra literaria completa máis antiga en córnico. data do século XIV. O título moderno (carece del no manuscrito máis antigo) significa "A Paixón do noso Señor", pero o poema tamén foi publicado como Monte Calvario[1][2].

Data, manuscritos e autoría[editar | editar a fonte]

Pascon agan Arluth data de principios do século XIV [3]. É anterior ao Ordinalia, un ciclo de tres pezas de teatro en verso sobre temas bíblicos, e é por tanto a obra literaria completa máis antiga en córnico que deu sobrevivido. O nome do autor non é coñecido, pero pode estar conectado con Glasney College, en Penryn[4] . Téñense atopado máis dunha ducia de manuscritos do poema, pero todos derivan de BL Harleian 1782, un manuscrito de mediados do século XV[3][5].

Análise[editar | editar a fonte]

O Pascon trata dos últimos días de Xesucristo, empezando coa tentación no deserto. Aínda que é en forma narrativa tamén incorpora comentario na historia para explicar o seu significado. A fonte principal do poema é o Evanxeo, pero tamén extrae cousas de material lendario máis tardío como pode atoparse na Historia scholastica de Petrus Comestor e a Lenda de ouro de Jacobus de Voragine[6]. Consiste en 259 stanzas, cada unha de catro dísticos con rima, de sete sílabas cada un, acentuado nas sílabas primeira, terceira, quinta e sétima[5].

Influencia[editar | editar a fonte]

Pascon agan Arluth era certamente coñecida polo autor da Passio Christi, un dos misterios en córnico medio que comprende os Ordinalia, pois algunhas dos versos deste poema aparecen incorporados nel[7]. O moderno poeta córnico Ken George inspirouse no Pascon para escribir Devedhyans Sen Pawl yn Bro Leon ("San Paulo vén a Leon") un poema sobre as viaxes de san Paulo Aureliano, utilizando o mesmo metro que o poema antigo[8].

Edicións e traducións[editar | editar a fonte]

O Pascon foi editado en primeiro lugar por Davies Gilbert en 1826 baixo o título de Monte Calvario; ou a Historia da Paixón, Morte, e Resurrección, do noso Señor e Salvador Xesucristo[1]; incluíu unha tradución inglesa por John Keigwin, datando de 1682[9]. Unha edición mellor por Whitley Stokes apareceu en 1860–1861, e outra por Robert Morton Nance en 1934–1936, ambos con novas traducións inglesas. Máis recentemente houbo edicións por E. G. R. Hooper, por Goulven Pennaod (con traducións inglesas e bretoas), e por Ray Edwards (con tradución inglesa)[10][11].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Murdoch 1993, p. 19.
  2. Murdoch 2010, p. 370.
  3. 3,0 3,1 Murdoch 1993, pp. 19–20.
  4. Murdoch 2010, pp. 370, 376.
  5. 5,0 5,1 Preminger 1972, p. 154.
  6. Murdoch 1993, pp. 20, 24.
  7. Greene, Roland; Cushman, Stephen, eds. (2012). The Princeton Encyclopedia of Poetry & Poetics (4ª ed.). Princeton: Princeton University Press. p. 306. ISBN 9780691133348. Consultado o 19 de xuño de 2016. 
  8. Murdoch 1993, p. 146.
  9. Cramsie, John (2015). British Travellers and the Encounter with Britain, 1450–1700. Woodbridge: The Boydell Press. p. 434. ISBN 9781783270538. Consultado o 19 de xuño de 2016. 
  10. Murdoch 1993, p. 20.
  11. "COPAC catalogue entry". COPAC. Research Libraries UK. Consultado o 19 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]