Partido xudicial de Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Partido xudicial de Redondela

O partido xudicial de Redondela é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide Galiza, sendo o partido xudicial número 10 da provincia de Pontevedra. Comprende os concellos de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Soutomaior. Así, este partido xudicial abrangue unha poboación de dereito de 40 766 habitantes.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A cabeza do partido e polo tanto a sede das institucións xudiciais é Redondela. A dirección do partido está na rúa Xunqueira da localidade, e conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.

No ano 2012 o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) propuxo reducir de 13 a 5 os partidos xudiciais existentes na provincia pontevedresa. Así as cousas, con esta nova modificación o partido xudicial de Redondela ficaría integrado no partido xudicial de Vigo.[2]

Sede do partido xudicial de Redondela.

O partido xudicial de Redondela conta con dous xuíces, establecendo unha proporción dun xuíz por cada 20 383 habitantes (2004), en contraste co ano 1994 cando contaba cun xuíz por cada 40 110 habitantes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]