Partido Regionalista del País Leonés
Partido Regionalista del País Leonés | |
---|---|
Acrónimo | PREPAL |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | leonesismo, Democracia cristiá e valores europeus |
Data de fundación | 18 de setembro de 1980 |
Presidente/a | Francisco Iglesias Carreño (en) (-) |
Sede | Zamora |
País | España |
Na rede | |
http://www.prepalpaisleones.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Regionalista del País Leonés (Partido Rexionalista do País Leonés en galego) (PREPAL) é un partido político español de carácter leonesista.
Fundación
[editar | editar a fonte]O PREPAL foi fundado en 1980 polo cidadán zamorano Francisco Iglesias Carreño, presidente de Ciudadanos Zamoranos (CC. ZZ.) e dirixente do Movimiento Leonesista (M.L) , quen foi o primeiro Secretario Xeral e despois Presidente da formación. Dende a súa fundación tivo implantación nas provincias Salamanca, Zamora, e León.
A iniciativa da fundación do PREPAL foi desenvolvida por Carreño no curso dunha reunión dos grupos culturais GRES, CCZZ e GAL, do Movemento Leonesista M.L., celebrada na cidade de Toro.
Comarcalismo
[editar | editar a fonte]Cada terceiro domingo de maio, Cidadáns Zamoranos CC.ZZ organiza a Festa das Bisbarras do País Leonés («VALORIO») no bosque de Valorio, próximo á cidade de Zamora.
A primeira edición de VALORIO foi prohibida polo Goberno Civil de Zamora durante o mandato de UCD.
O PREPAL asumiu, dende a súa fundación o comarcalismo das provincias de León, Zamora e Salamanca, facendo diso signo antropolóxico diferenciador do Reino Leonés e do País Leonés.
Constitucionalismo
[editar | editar a fonte]O Partido Regionalista del País Leonés autodefínese como «social e democraticamente avanzado». Foi o primeiro que presentou na circunscrición electoral de Madrid unha candidatura integrada ao completo por mulleres leonesas. Propugna a creación dunha Comunidade autónoma integrada polas provincias de Salamanca, Zamora e León, por aplicación formal e directa da Constitución Española de 1978 e, polo tanto, no actual marco constitucional de España e dentro da Unión Europea.
Coroa leonesa
[editar | editar a fonte]O PREPAL propugna a «fraternidade convivencial» entre as catro rexións históricas da coroa leonesa: Estremadura, o Reino de León, Galicia e Asturias, «actualizada a niveis de comunicación, interacción económica e potenciación antropolóxica actual».
Acordos UCD - PSOE de 1981
[editar | editar a fonte]O PREPAL disente dos acordos establecidos polos grupos UCD e PSOE o 31-7-1981 e sostén a validez dos dereitos constitucionais do pobo leonés, derivados tanto da Constitución Española de 1931 como pola Constitución Española de 1978. Así mesmo, propugna a homoxeneidade constitucional para as catro rexións históricas da coroa leonesa, dando o cualificativo de «Rexións constitucionais» a Estremadura, o Reino de León, Galicia e Asturias.