Partido Feminista de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Feminista de España
Logo
Tipopartido político
Data de fundación1979
Fundador(es)Lidia Falcón
PaísEspaña
Na rede
https://partidofeminista.es/
editar datos en Wikidata ]

O Partido Feminista de España (PFE) é un partido feminista e marxista leninista español impulsado por Lidia Falcón en 1979[1] aínda que non puido ser rexistrado ata 1981. Considera a muller como unha clase social adscrita ao modo de produción doméstico e considera que a liberación da muller virá coa liberación do seu papel reprodutor para o que propugna a investigación das novas formas de reprodución en vitro, o que permitiría liberar a muller do seu destino natural que, segundo o PFE, leva á escravitude. Dentro da dialéctica da loita de clases o PFE propugna a toma do poder para establecer a ditadura da muller.

O PFE impulsou a creación da Confederación de Organizaciones Feministas que se presentou ás eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 conseguindo 28.901 votos (0.14%).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Falcón, Lidia (2019-06-05). "Qué es un partido feminista". Publico (en castelán). Consultado o 2019-12-06.