Parque zoolóxico de Madrid
Tipo | parque zoolóxico acuario público | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Madrid, España | |||
| ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1972 | |||
Páxina web | zoomadrid.com | |||
O Parque zoolóxico de Madrid (Zoo Aquarium de Madrid), é un zoo que se acha en Madrid (España), exactamente no gran parque forestal urbano da Casa de Campo. O parque pertence a Parques Reunidos S.A..
Foi inaugurado en 1972; ocupa unha área de 20 ha e conta con 500 especies cun total de 6000 individuos[1]. Ademais das instalacións dos animais dos cinco continentas, salientan as instalacións dos golfiños, dos leóns mariños, das rapinas, e das aves exóticas.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro zoolóxico de Madrid data do ano 1770, a Casa de Fieras del Retiro, fundado por Carlos III.
O promotor do actual Zoo de Madrid foi Antonio Lleó de la Viña, que construíu as instalacións na Casa de Campo. O proxecto inicial do Zoo de Madrid estivo a cargo do arquitecto catalán Jordi Mir Valls, gañador do concurso convocado para tal efecto. O parque inagurouse en 1972.
Quince anos despois, en 1987, contruíuse o delfinario. Inaugurouse con sete exemplares de arroaz común ou boto (Tursiops truncatus). Construíuse tamén o pavillón Naturaleza Misteriosa onde se exhibe unha escolma de réptiles, anfibios e invertebrados.
En 1995 construíuse na parte suroeste do recinto o Aquarium, con forma de pirámide de cristal, mide 3.000 m².
En 1997, comezaron as exhibicións de voos de aves de rapina e exóticas nunha zona achegada ao delfinario.
En 2002, a raíña Sofía inaugura as aulas de educación ambiental do Zoo Aquarium.
En 2003, construíuse a instalación para leóns mariños (Zalophus californianus) e pingüíns (Spheniscus demersus).
En 2006 construíuse o complexo de primates do sueste asiático (orangutáns e xibóns de mans brancas (Hylobates lar).
Dende setembro de 2007 o zoolóxico ten un novo complexo con pandas xigantes (Ailuropoda melanoleuca). Os dous primeiros exemplares foron doados polo goberno chinés.[2]
Crianza de animais
[editar | editar a fonte]No zoo de Madrid críanse un importante número de especies como o panda xigante, a foca grisalla, a cobra de monóculo (Naja kaouthia) e o orangután de Borneo.
En 2007/2008 participou en 30 programas EEP e 21 programas ESB coordinados pola EAZA.[3]
Instalacións e especies
[editar | editar a fonte]O parque zoolóxico de Madrid exhibe unha colección de máis de 6000 animais de máis de 500 especies diferentes dos 5 continentes.[1]
En 1987 construíuse o delfinario. Inaugurouse en agosto do mesmo ano, importando os animais dende Marineland Cataluña.
En 1995 consrtruíuse o acuario. Ten 35 acuarios de exposición. Hai máis de 200 especies, principalmente peixes e invertebrados mariños.
Servizos
[editar | editar a fonte]O parque conta con varios restaurantes, quioscos de comida e tendas de recordos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Zoo de Madrid. "Instalaciones". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 12 de xaneiro de 2015.
- ↑ "China ofrece a España una pareja de pandas". El Mundo. 28 de xuño de 2007.
- ↑ EAZA Executive Office. D. de Man, W. van Lint, A. Garn and C. Henke, ed. "EAZA Yearbook 2007‐2008" (pdf). Amsterdam: EAZA. Consultado o 24 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque zoolóxico de Madrid |