Parque Nacional Mariño de Alonissos
Aparencia
O Parque Nacional Mariño de Alonissos atópase nas Illas Espóradas, en Grecia. Concretamente nas coñecidas coma Espóradas do Norte.
Datos de interese
[editar | editar a fonte]O Parque Nacional creouse no 1992, contando con 220.000 hectáreas de protección. O seu obxectivo principal era a supervivencia dun dos mamíferos máis ameazados do planeta: a foca monxe.
Flora e Fauna
[editar | editar a fonte]Ademais da foca monxe, existen outras especies de gran valor ecolóxico, coma a gaivota de Audouin, o corvo mariño cristado, o falcón da raíña, a tartaruga marxinada (testudo marginata) e nos fondos mariños, o coral vermello (corallium rubrum). Tamén existen importantes poboacións de posidonia oceánica. En terra, os piñeiros, a aciñeira, o érbedo e o lentisco son as especies predominantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional Mariño de Alonissos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do parque (en inglés).