Saltar ao contido

Parque-xardín botánico e carballeira de Caldas de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque-xardín botánico e carballeira de Caldas de Reis
Imaxe
Tipoparque
xardín botánico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCaldas de Reis, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°36′N 8°38′O / 42.6, -8.64

O Parque-xardín botánico e carballeira de Caldas de Reis é un xardín botánico situado de xeito linear nas marxes do río Umia, coincidindo co paso do camiño portugués, en Caldas de Reis, Pontevedra.

A súa historia remóntase ao ano 1863, cando estaban en todo o seu auxe os balnearios de augas termais, o que impulsou o proxecto dunha alameda en Caldas, que vinte anos despois era o Parque-Xardín e Carballeira. Recibiu o Premio Gran de Área 2012 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia outorgado conxuntamente ao concello, como promotor e ao estudo de arquitectura "Cerreda y Lorenzo Arquitectos".[1]

Coleccións

[editar | editar a fonte]

Neste enclave atópanse unha morea de especies arbóreas, na súa gran maioría exóticas, procedentes sobre todo de América[2]. É salientábel a súa colección de camelias, sendo dignos de mención dous antigos exemplares de camelia do Xapón Mathotiana Alba dunha considerábel envergadura. O Parque-Xardín e Carballeira, declarado Ben de Interese Cultural (BIC)[3], posúe entre os seus exemplares catro árbores consideradas Monumentos Naturais.

Amais do seu contido natural, este espazo emprégase como lugar de encontro de diversos actos ao longo do ano, un exemplo son as festas patronais e sobre todo o festival de musical Cultura Quente e Kaldarte.

  1. Rodríguez Dacal, Carlos (1999). Concello de Caldas de Reis. ISBN 84-606-2889-2. 
  2. Turgalicia. "Parque e Carballeira de Caldas de Reis". Consultado o 10/10/2015. 
  3. Concello de Caldas de Reis. "Patrimonio etnógrafico - Arquitectura civil". Consultado o 10/10/2015.