Parkersburg, Virxinia Occidental
City of Parkersburg | |
---|---|
![]() |
![]() |
Situación xeográfica | |
País: | Estados Unidos |
Estado: | Virxinia Occidental |
Condado: | Wood |
Incorporada: | |
Alcalde: | Robert Newell |
Xeografía | |
Altitude: | aprox. 200 msnm |
Superficie: | 30,6 km² |
Poboación | |
Poboación total: | 31 755 hab. (2006) |
Densidade de poboación: | 1038 hab./km² |
Información | |
Sitio na web: | http://www.parkersburg-wv.com/ |
Parkersburg, localizada na confluencia dos ríos Ohio e Little Kanawha, é a terceira maior cidade do Estado de Virxinia Occidental. É a sede de condado de Wood e a cidade principal da área metropolitana Parkersburg-Marietta-Vienna.
O Bureau of the Public Debt (Axencia da Débeda Pública), unha axencia do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos, ten a súa oficina central nesta cidade.
Historia[editar | editar a fonte]
Parkersburg foi orixinalmente chamada Newport cando foi trazada a finais do século XVIII. Unha parte da cidade foi deseñada sobre terras que gañou Alexander Parker polo seu servizo na Guerra Revolucionaria Americana. O conflito do nome entre Parker e os proxectistas da cidade de Newport resolveuse en 1809 en favor dos herdeiros de Alexander Parker. O pobo foi rebautizado por Parkersburg en 1810. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Virxinia en 1820 e elevada a cidade en 1860.
Parkersburg era a terminal da autoestrada Staunton-Parkersburg e da Northwestern Turnpike (Autoestrada do Noroeste). En 1857 o ferrocarril de Baltimore e Ohio construíu unha ramificación para o pobo. Durante a Guerra Civil Estadounidense foi importante nos transportes e un centro médico. Despois da guerra volveuse un punto de transporte de gas e petróleo.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Parkersburg áchase a 39°15'58" Norte, 81°32'32" Oeste.
Segundo o United States Census Bureau, a cidade ten unha área total de 31'6 km2, dos cales 30'6 km2 son terra firme e sobre 1.0 km2 é auga, é dicir, o 3'19% da área total é auga. Parkersburg localízase a aproximadamente 205 msnm.[1]
A cidade atópase na confluencia do Río Ohio e do Río Little Kanawha. O Little Kanawha divide a cidade nunha zona norte e noutra sur.
Clima[editar | editar a fonte]
O clima de Parkersburg é cálido durante o verán con temperaturas de arredor dos 30 °C e moi frío durante o inverno, cando as temperaturas son inferiores aos 0 °C.
O mes máis quente é xullo, que ten unha temperatura máxima media de 35 °C, e o mes máis frío do ano é xaneiro, sendo a temperatura mínima media de -5 °C.
A variación de temperatura entre a noite e o día tende a ser moderada durante o verán cunha diferenza que pode alcanzar os seis graos Celsius, sendo un pouco máis elevado este índice no inverno, cando a diferenza ronda os oito graos Celsius.
A media anual de precipitación en Parkersburg é de 1000 mm.[2]
Transportes[editar | editar a fonte]
Parkersburg está atendido aereamente polo Aeroporto do Condado de Wood, con 3 voos diarios nos festivos cara o Aeroporto Internacional Washington Dulles.
Barrios[editar | editar a fonte]
Parkersburg Norte[editar | editar a fonte]
Beechwood, Downtown, Fairview Heights, Granada Hills, Julia-Ann Square, Meadowcrest, Oakwood Estates, Quincy Hill, Riverside, Woodland Park, North End, Worthington, East End
Parkersburg Sur[editar | editar a fonte]
Larkmead, Marrtown, Pettyville, Tavennerville, Washington
Media[editar | editar a fonte]
O Parkersburg News e o Parkersburg Sentinel eran os diarios principais da cidade até que no 2009 se uniron para formar un único xornal, The Parkersburg News and Sentinel. A mesma compañía tamén publica o Marietta A.M. e o Graffiti, dúas revistas.
Hai moitas estacións de radio emitindo dende Parkersburg, como poden ser 106.1 Z106 (WRZZ),102.1 The River (WRVB), U.S. 107 WNUS, MIX 100 (WDMX), V96.9 (WVVV), WXIL, Froggy 99.1, e 103.1 The Bear.
WTAP, a filial local da NBC, é a principal telivisión local.[3]
Educación[editar | editar a fonte]
Educación superior[editar | editar a fonte]
- Mountain State College, unha universidade privada.
- Universidade de Virxinia Occidental, de carácter público, que se acha nas aforas da cidade.
- Ohio Valley University, localízase ao lado de Vienna.
Institutos[editar | editar a fonte]
Parkersburg posúe o Parkersburg High School Big Reds, o Parkersburg South High School Patriots, e o Parkersburg Catholic High School Crusaders.
Ensinanza media[editar | editar a fonte]
Neste eido podemos encontrar as escolas de Van Devender, Edison, e Hamilton.
Cultura[editar | editar a fonte]
Museos[editar | editar a fonte]
- Blennerhassett Museum of Regional History
- Henry Cooper Log Cabin Museum
- Oil and Gas Museum
- Sumnerite African-American History Museum
- Veterans Museum of Mid-Ohio Valley
Parques[editar | editar a fonte]
- Blennerhassett Island Historical State Park
- Bicentennial Park
- Corning Park
- Point Park
- Southwood Park
- Quincy Park
- City Park
- Johnson T. Janes Park
- Friendship Park
- Fort Boreman Historical Park
- Mountwood Park
- Fries Park