Parador de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°28′51″N 8°14′25″O / 43.48096, -8.24017

Parador de Ferrol.

O Parador de Ferrol é un establecemento de hostalería da cidade de Ferrol.

Características[editar | editar a fonte]

Inaugurouno Francisco Franco o 12 de setembro de 1960.[1] O edificio, un pazo mariñeiro, está situado fronte ás instalacións da Armada Española en Navantia, e ao carón da que fora Capitanía Marítima, nos xardíns camiño do porto e vén sendo acceso a Ferrol Vello. Foi modernizado en 2001. Ten tres estrelas e 36 habitacións.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Parador destapa sus secretos". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2018. 
  2. "Huelga total en el Parador de Ferrol". El País (en castelán). 7 de decembro de 2012.