Paronimia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Parónimo")

A paronimia é unha relación semánticaentre dúas (ou máis) palabras semellantes no son, pero que se escriben de forma diferente e teñen significados distintos.

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • aceitar (poñer aceite) – aceptar (admitir).
  • actuar (representar) – atuar (tratar de ti).
  • coar (filtrar) – colar (adorno).
  • concelleiro (do concello) – conselleiro (do consello).
  • enoloxía (viños) – etnoloxía (pobos).
  • enxerir (enxertar) – inxerir (tragar) – inserir (introducir).
  • esgrevio (áspero, dificultoso) – egrexio (ilustre, insigne).
  • especia (condimento) – especie (tipo, clase).
  • esterno (óso) – externo (exterior).
  • flamenco (canto) – flamengo (ave, Flandres).
  • furna (caverna mariña) – urna (caixa para as votacións).
  • medicina (ciencia, medicamento) – menciña (medicamento).
  • misto (fósforo) – mixto (mesturado).
  • rola (paxaro) – rolla (tapón).
  • seo (peito) – seno (no triángulo).
  • sono (gana ou acto de durmir) – soño (imaxes oníricas).
  • triunfo (vitoria) – trunfo (naipe).