Saltar ao contido

Papiro erótico de Turín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fragmentos do papiro expostos no museo de Turín

O "Papiro erótico de Turín" ("Papiro 55001", tamén chamado "Papiro erótico" ou incluso "Papiro de Turín") é un rolo pintado en papiro do antigo Exipto que se creou durante o período Ramesside, aproximadamente no 1150 a.C.[1][2] Descuberto en Deir el-Medina a comezos do século XIX, foi alcumado como "a primeira revista masculina do mundo".[3] Mide 2´6 metros por 24 centímetros e consta de dúas partes; unha delas contén doce viñetas eróticas que representan varias posturas sexuais.[1] Actualmente atópase no Museo Egizio en Turín, Italia.[3]

Sección de animais

[editar | editar a fonte]

O primeiro terzo representa animais que realizan varias tarefas humanas. Esta parte do rolo pintado describíuse como satírica e divertida.[1][4]

Sección erótica

[editar | editar a fonte]

Os dous terzos finais do papiro erótico de Turín consisten nunha serie de doce viñetas que amosan homes e mulleres en varias posturas sexuais. [1] Os homes das ilustracións son "desaliñados, calvos, baixos e gordos" con xenitais esaxeradamente grandes[5] e non se axustan aos estándares exipcios de atractivo físico, [5][6] pero as mulleres son nubiles,[5][6] e móstranse con obxectos da iconografía erótica tradicional, como follas de correola e, nalgunhas escenas, incluso sosteñen elementos tradicionalmente asociados con Hathor, a deusa do amor, como o loto sagrado, monos e sistros.[5][6] O pergamiño probablemente pintouse no período Ramesside (1292-1075 a.C.).[1] A súa alta calidade artística indica que se creou para un público rico.[1]

Aínda non se descubriron outros pergamiños similares.[6] As representacións de relacións sexuais non formaban parte do repertorio xeral da arte formal exipcia antiga,[6] pero atopáronse esbozos rudimentarios de relacións heterosexuais en fragmentos de cerámica e en pinturas.[6] As varias imaxes masculinas tamén foron interpretadas como dun único protagonista, que ten varios encontros cunha cortesá.[4] Polo tanto, non se descarta que se trate dun prostíbulo ou casa da cervexa, como se chamaba popularmente no antigo Exipto.

Unicidade

[editar | editar a fonte]

O papiro erótico gravemente danado é a única pintura erótica en pergamiños coñecida que sobreviviu.[1] O público moderno a miúdo cre que a arte exipcia antiga carece de temática sexual.[1] Despois de que Jean-François Champollion vise o papiro en 1824 en Turín, describiuno como "unha imaxe de monstruosa obscenidade que me deu unha estraña impresión sobre a sabedoría e a compostura exipcias".[4][7]

Propósito

[editar | editar a fonte]

Aínda non se sabe o significado real das imaxes, xa que os fragmentos de texto que sobreviviron razoablemente intactos non deron ata o momento ningún propósito claro para o papiro erótico.[2] O texto parece que se escribiu ás marxes ás présas. e parecería expresar gozo e pracer:

“...boa é para ti a miña cona ¡Vén tras miña co teu /desexo! ¡Oh, teu carallo!” ... [2][3]

Segundo o exiptólogo francés Pascal Vernus, o papiro non está destinado a producir excitación sexual. De feito, a aparente continuación entre a sección animal e a chamada sección "erótica" suxire que o papiro pretendía divertir aos membros da aristocracia retratando absurdas transgresións dos estándares de comportamento aristocrático.[4] [8]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 David O'Connor Eros in Egypt Arquivado 30 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.. Archaeology Odyssey, setembro–outubro, 2001
  2. 2,0 2,1 2,2 A A Shokeir and M I Hussein. "Sexual life in Pharaonic Egypt: towards a urological view." International Journal of Impotence Research (2004) 16, 385–388. doi 10.1038/sj.ijir.3901195
  3. 3,0 3,1 3,2 "Turin Erotic Papyrus Arquivado 10 de setembro de 2010 en Wayback Machine.." Heritage Key. Accessed: 27 de setembro de 2010.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Papiro erótico de Turín Arquivado 02 de maio de 2012 en Wayback Machine.." egyptancient.net
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Schmidt, Robert A.; Voss, Barbara L. (2000). Archaeologies of Sexuality. Abingdon-on-Thames, England: Psychology Press. p. 254. ISBN 978-0-415-22366-9. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Robins, Gay (1993). Women in Ancient Egypt. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. pp. 189–190. ISBN 978-0-674-95469-4. Turin erotic papyrus. 
  7. The quote in the original French Arquivado 20 de agosto de 2014 en Wayback Machine.: "Ici un morceau du rituel funéraire,... et là des débris de peintures d'une obscénité monstrueuse et qui me donnent une bien singulière idée de la gravité et de la sagesse égyptienne..."
  8. Conferencia de Pascal Vernus Turin Erotic Papyrus: a codified transgresión Arquivado 10 de maio de 2021 en Wayback Machine. na Université Lille 3 o 21 de decembro de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]