Paperwhite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paperwhite
OrixeBrooklyn, Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período2014 - presente
Xénero(s)Dream pop, synthpop
Selo(s) discográfico(s)Independente
MembrosBen Marshall
Katie Marshall
Páxina webhttp://www.paperwhitemusic.com/

Paperwhite é un grupo musical estadounidense de dream pop e synthpop formado na cidade de Nova York no ano 2014. Está composto polos irmáns Ben e Katie Marshall.

Historia[editar | editar a fonte]

Ben e Katie Marshall son dous irmáns que medraron xuntos en Filadelfia, Pensilvania.[1] Malia que escribiran moitas cancións xuntos cando eran adolescentes, non decidiron formar un grupo até 2013, despois de que katie se graduase na Escola de Música de Berklee, na cal tamén estudou Ben. Ben é o batería do grupo Savior Adore. O grupo colleu o nome "Paperwhite" da especie de flor Narcissus papyraceus, tamén coñecida como paperwhite en inglés, e o motivo foi que Katie traballara como florista durante os seus anos en Berklee e escribira unha canción titulada "Paperwhites". Ben adoptou o rol de co-escritor, produtor e corista dos temas, mentres que Katie centrouse en escribir e cantar as cancións.[1]

Paperwhite xurdiu en Brooklyn, Nova York, onde lanzaron o seu primeiro sinxelo, "Got Me Goin'", en xaneiro de 2014, o mesmo mes que a súa primeira actuación en directo. Produciron remixes para Deidre & the Dark ("Skeleton") e Fickle Friends ("Swim").[2] O dúo lanzou o sinxelo "Take Me Back" en xullo de 2014, obtendo críticas positivas de Stereogum e Complex.[3][4] A súa canción "Pieces" foi estreada no blog musical de The Guardian en outubro de 2014,[5] e na revista dixital Spin, onde se pubicou o seu primeiro EP Magic, en novembro de 2014.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Extended Plays[editar | editar a fonte]

  • Magic (2014)
  • Escape (2016)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Got Me Goin'" (2014)
  • "Take Me Back" (2014)
  • "Pieces" (2014)
  • "Galaxy" (2014)
  • "Get Away" (2015)
  • "Unstoppable" (2016)
  • "Wanderlust" (2016)
  • "Human Nature" (2017)

Remixes[editar | editar a fonte]

  • Animals – "Ceilings"
  • Deirdre & the Dark – "Skeleton"
  • Fickle Friends – "Swim"
  • Luxley – "Spirit"
  • The Night VI – "Sienna"
  • Nova – "Lovelife"
  • Ryan Star – "World I Used to Know"

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]