Panos Kammenos
Panos Kammenos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de maio de 1965 |
Lugar de nacemento | Atenas |
Nacionalidade | Grecia |
Etnia | Gregos |
Relixión | Igrexa de Grecia |
Alma máter | Universidade de Lyon |
Ocupación | político e economista |
Premios | Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Panagiotis "Panos" Kammenos (en grego:Πάνος Καμμένος), nado en Atenas o 12 de maio de 1965, é un político grego, fundador do partido Gregos Independentes e ministro de defensa entre o 27 de xaneiro e o 28 de agosto de 2015 no goberno de coalición con Syriza presidido por Alexis Tsipras.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou economía e psicoloxía na Universidade de Lión. En 1993 entrou por primeira vez no parlamento grego na lista de Nova Democracia[2] O 24 de febreiro de 2012 anunciou a creación dun novo partido, chamado Gregos Independentes (ANEL).[3][4] O novo partido, de orientación dereitista e euroscéptico, tiña como puntos centrais a reestruturación da débeda e a loita contra a emigración ilegal.[5][6] e apoiou iniciativas de Syriza.[7] Tras as eleccións de xaneiro de 2015 ANEL con 13 escanos[8] entrou nun goberno de coalición con Tsipras, converténdose Kamenos en ministro de defensa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alderman, Liz (26 de xaneiro de 2015). "After Victory at Greek Polls, Alexis Tsipras Is Sworn In and Forms Coalition Government". New York Times (Nova York).
- ↑ Parlamento de Grecia (ed.). "Panagiotis (Panos) Kammenos". Atenas. Consultado o 27 de xaneiro de 2015.
- ↑ Dearden, Lizzie (26 de xaneiro de 2015). "Independent Greeks: Who are Syriza's right-wing coalition partners and what do they want?". The Independent (Londres).
- ↑ "Independent MP announces new party". Athens News. 24 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ Squires, Nick (26 de xaneiro de 2015). "Greek election: who are Independent Greeks?". The Daily Telegraph (Londres).
- ↑ "Right-wing party promises Syriza support in Greece coalition". Deutsche Welle (Berlín/Bonn). 26 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Syriza gobernará cunha excisión de Nova Democracia contraria ao memorando da UE". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 31 de agosto de 2015.
- ↑ "Tsipras acorda un Goberno contra a austeridade xunto a un partido de dereitas". Galicia Hoxe. 26 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 31 de agosto de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mandatos de Panos Kammenos no Parlamento Helénico (inglés)