Pangrama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Pangrama, ou pantograma, (do grego, pan ou pantós = todos, + grama = letra) é unha frase con sentido en que son usadas todas as letras do alfabeto dunha lingua determinada.

Orixe[editar | editar a fonte]

Os pangramas xurdiron coa tipografía por seren un medio rápido de avaliar o efecto visual dunha fonte e unha forma de exercicio para novatos no oficio.

Un pangrama eficiente debe usar todas as letras do alfabeto co mínimo de palabras. Obviamente, as letras pódense repetir. A creación de pangramas pode ser un pasatempo divertido, que demanda creatividade e coñecemento da lingua.

Exemplos de pangramas[editar | editar a fonte]

  • Aqueles chimpancés xogan outra vez coa fabada no baño. (45 letras)
  • O verdugo do bolxevique tomou pasta, unha noz e café. (42 letras)
  • Fíxate, o mesquiño bacharel pide vinganza. (35 letras)

Noutros idiomas[editar | editar a fonte]

  • En inglés: The quick brown fox jumps over the lazy dog.
  • En castelán: El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi.
  • En portugués: Juiz faz com que whisky de malte baixe logo preço de venda.
  • En francés: Portez ce vieux whisky au juge blond qui fume.
  • En alemán: Zwölf Boxkämpfer jagen Viktor quer über den großen Sylter Deich.
  • En catalán: Jove xef, porti whisky amb quinze glaçons d'hidrogen, coi!

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]