Saltar ao contido

Pan de soda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pan de soda integral.

O pan de soda (soda bread en inglés) é un tipo de pan no cal o fermento é substituído por bicarbonato sódico. Os ingredientes tradicionalmente utilizados no pan de soda son fariña, bicarbonato sódico, sal e soro de manteiga ou leite agre. Outros ingredientes poden engadirse á mestura, como as pasas e os froitos secos.

Características

[editar | editar a fonte]

A manteiga contén ácido láctico, que reacciona co bicarbonato de sodio para formar diminutas burbullas de dióxido de carbono. O pan acostuma secarse rapidamente, polo que é mellor servilo quente ou torrado no forno. En Irlanda, xeralmente, a fariña faise de trigo brando polo que a fariña recomendada é a de repostaría, que ten menos forza, isto é, que contén menores niveis de glute.