Palacio de Queluz
Palacio Real de Queluz | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Fachada do Palacio Nacional de Queluz. | ||||
Tipo | palacio real e patrimonio cultural ![]() | |||
Estado de uso | Museo | |||
Estilo | Rococó e neoclasicismo | |||
Persoas e organizacións | ||||
Encargado por | Pedro III de Portugal ![]() | |||
Propietario/a | Estado portugués | |||
Arquitecto/a | Mateus Vicente de Oliveira | |||
Datas | ||||
Fundación | século XVIII ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Lisboa | |||
Concello | Sintra | |||
Freguesía | Queluz e Belas (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | Queluz, Sintra, Portugal | |||
Patrimonio cultural | ||||
Monumento nacional de Portugal | ||||
Identificador | 70181 | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | pnqueluz.imc-ip.pt ![]() | |||
[ Wikidata ] [ G:Commons ] [ C:Commons ] |
O Palacio Real de Queluz (en portugués: Palácio Real de Queluz), tamén coñecido como Palacio Nacional de Queluz é un palacio do século XVIII localizado na cidade de Queluz, no concello de Sintra, distrito de Lisboa. Un dos últimos grandes edificios en estilo rococó erguidos na Europa, o palacio foi construído como unha residencia de verán para Pedro de Bragança, que viría a ser máis tarde marido e rei consorte da súa sobriña, a raíña María I de Portugal.
A súa construción iniciouse no ano 1747, tendo como arquitecto a Mateus Vicente de Oliveira. Malia ser moito máis pequeno, é coñecido como o Versalles portugués. A partir de 1826, o palacio lentamente deixou de ser o favorito dos soberanos portugueses. En 1908 pasa a ser propiedade do estado. Despois dun grave incendio en 1934, o cal destruíu o seu interior, o palacio foi extensivamente restaurado, e hoxe en día atópase aberto ao público.
Dende 1910 está declarado Monumento Nacional.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do palacio Arquivado 06 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (en portugués)