Paco Sarria
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Ponte de Domingos Flórez, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco González Sarria, coñecido como Paco Sarria, nado na Ponte de Domingos Flórez, na provincia de León, en 1962, é un xornalista castelán residente en Galiza.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou na emisora de radio Ondas Galicia, en Ourense. Máis tarde exerceu como xefe de informativos na COPE como delegado da TVG precisamente da provincia ourensá. Foi redactor e correspondente en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, Cadena Rato, da Axencia EFE e mais do diario El País.
En 1991 puxo en marcha o proxecto radiofónico Radio Miño, vencellado inicialmente a Onda Cero, e máis tarde ao Grupo Voz. En 2010 exercía as funcións de redactor-xefe en Onda Cero-Ourense.
No ano 2016 foi nomeado decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, destacando no seu discurso de toma de posesión a referencia explícita á [1]"paisaxe desoladora" que a crise deixou nos medios de comunicación.
Malia a súa orixe leonesa, Sarria fai uso da lingua galega en entrevistas en publicidade, tendo acadado premios ao respecto disto último.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Paco Sarria, nuevo decano del Colexio Profesional de xornalistas". Faro de Vigo. Consultado o 2017-08-29.
- ↑ O ourensán Francisco González Sarria acada o premio á mellor publicidade feita en galego, La Región, 12 de decembro de 2009.