Partido Comunista de Galicia (Marxista-Revolucionario)
Partido Comunista de Galicia (Marxista-Revolucionario) | |
---|---|
Federación Galega do PCE-MR | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Julio Pérez de la Fuente |
Filiación internacional | Partido Comunista de España (marxista-revolucionario) |
Historia | |
Fundación | 1985 |
Disolución | 27 de outubro de 1991 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Eurocomunismo |
O Partido Comunista de Galicia-Marxista Revolucionario (PCG-MR, a partir de 1987 Partido dos Traballadores de Galicia-Unidade Comunista) era a federación galega do Partido Comunista de España (Marxista-Revolucionario).
Historia e características[editar | editar a fonte]
O PCG-MR fundouse en 1985 a causa dunha escisión no Partido Comunista de España (PCE), liderada polo antigo líder deste partido Santiago Carrillo. En Galiza o sector carrillista estaba liderado por Julio Pérez de la Fuente, que foi escollido coma secretario xeral do novo partido[1]. Nas eleccións galegas de 1985 o partido obtivo 8.318 votos (0,66%), sen conseguir representación institucional (nas anteriores eleccións, o PCG obtivera 32.623 votos e un escano; na de 1985, nin o PCG-MR nin o PCG, que apenas sacou 10.625 votos, conseguiron representación algunha).
No seguinte proceso electoral, as eleccións xerais de 1986, o PCG-MR non se presentou con ese nome, senón co de Mesa para a Unidadu dos Comunistas, que obtivo resultados levemente mellores, 12.072 votos (0,94%).
Nas eleccións municipais de 1987 o partido conseguiu os seus únicos representantes institucionais, 8 concelleiros, dos cales 5 foron escollidos en Mugardos. Tamén neste vila tivo o PCG-MR o seu único alcalde.
Despois de varios novos fracasos electorais e a desaparición da URSS, o partido disolveuse e integrouse no PSdeG[2].
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ Gerardo Iglesias confía en una recuperación del voto comunista. El País, 9 de novembro de 1985.
- ↑ El partido de Carrillo celebra su último congreso antes de integrarse hoy en el PSOE. El País, 27 de outubro de 1991.