Pʺâl Vannārīraks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPʺâl Vannārīraks
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Kompung Chinang, Camboxa Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCamboxa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista Editar o valor em Wikidata


Pʺâl Vannārīraks (khmer: ប៉ាល់ វណ្ណារីរក្)[1], nada na provincia de Kompung Chinang o 23 de novembro de 1954, é unha escritora camboxana en lingua khmer[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creceu nunha familia acomodada, filla dun oficial de alto rango que participou no movemento antifrancés e dunha muller procedente da familia real de Sisowat. En 1975 os khmer vermellos separárona dos seus pais e os seus dous irmáns máis novos, e mudouse a Phnom Penh desde a vila de Tangkok, na provincia de Kampong Cham.

Logo do colapso de Kampuchea Democrática e a caída do goberno de Pol Pot regresou a Phnom Penh e traballou como funcionaria, pero o seu home comezou a actuar de forma violenta. Pʺâl Vannārīraks escribiu case 90 obras que non publicou por medo á represión. Unha libraría publicoulle a novela Cambodia Hana no Yukue ("Marchou a escuridade"), escrita para poder darse a coñecer á súa familia desaparecida durante o período de Pol Pot. A obra acadou o primeiro posto na sección de novela no Evento do 10º Aniversario da Vitoria celebrado pola cidade de Phnom Penh en 1989. Se ben logrou reencontrarse cun mestre e un vello amigo, non logrou dar co paradoiro dos seus pais e o irmán máis novo. Máis tarde a novela foi levada ao cinema con Onpo Tevi como protagonista. A propia Pʺâl Vannārīraks escribiu 27 guións de dramas cinematográficos.

Tras o establecemento da democracia no novo reino camboxano en 1993 seguiu escribindo. Amais de narrativa escribiu o poemario Khmer no Tsuki e compuxo máis de 130 cancións. A súa obra aborda cuestións sociais e produce filmes educativos para mulleres e rapaces que tratan con nenos e nenas sen fogar, persoas co VIH e vítimas da violencia de xénero.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2006 acadou o Premio dos escritores do Sueste Asiático[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pāl' Vaṇṇāriraks". Deutsche National Bibliothek (en alemán). [Ligazón morta]
  2. "Pʺâl, Vaṇṇārīraks". IdRef (en francés). 
  3. "Pal Vannarirak". Världslitteratur (en sueco).