Přemysl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura de Přemysl e Libuše en Vyšehrad

Přemysl, Premysl ou Przemysl (en checo Přemysl Oráč) é o devanceiro mítico da dinastía Přemyslida, quen comezou liña de duques e reis que gobernaron os Países Checos dende 873 ou antes ata o asasinato de Wenceslao III en 1306.

Segundo a lenda, Přemysl era un campesiño da aldea de Stadice, que trouxo a atención de Libuše, filla dun tal Krok, que gobernaba unha grande parte de Bohemia. Přemysl casou con Libuše, a fundadora de Praga segundo a tradición, e converteuse en príncipe dos checos bohemios. Přemysl e Libuše tiveron tres fillos: Nezamysl (herdeiro), Radobyl e Liudomir.

A dinastía Přemyslid extinguiuse por liña paterna cando Wenceslao III morreu, pero a través das mulleres, o título pasou á Casa de Luxemburgo e despois á Casa de Jagellón, Habsburgo e Habsburgo-Lorena.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]