Oxfordiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Oxfordiano é unha división da escala temporal xeolóxica, a primeira idade ou piso do Xurásico Superior, terceira época do período Xurásico. Esta etapa esténdese de 161,2 até 155,7 millóns de anos atrás, aproximadamente. O Oxfordiano sucede ao Caloviano do Xurásico medio e precede ao Kimmeridxiano.

As margas negras de Oxford conforman o estrato tipo.

Debuxo do perfil dun guanlong.