Ácido oxalosuccínico
Ácido oxalosuccínico | |
---|---|
Ácido 1-oxopropano-1,2,3-tricarboxílico | |
Identificadores | |
Número CAS | 1948-82-9 |
PubChem | 972 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H6O7 |
Masa molar | 190,11 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ácido oxalosuccínico[1] é un substrato intermediario do ciclo do ácido cítrico, que se orixina durante a reacción catalizada polo encima isocitrato deshidroxenase. Trátase dun ácido tricarboxílico de 6 carbonos cun grupo cetona, polo que é un cetoácido. Os sales e ésteres do ácido oxalosuccínico denomínanse oxalosuccinatos.
O oxalosuccinato é un intermediato inestable de do ciclo do ácido cítrico. É un composto alfa-ceto que se forma durante a descarboxilación oxidativa do isocitrato a alfa-cetoglutarato, catalizada pola isocitrato deshidroxenase. En realidade, o oxalosuccinato nunca abandona o centro activo do encima, e como é inestable, sofre inmediatamente unha descarboxilación para producir o alfa cetoglutarato e CO2.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PubChem compound Oxalosuccinic acid
- ↑ Virginia Melo, Virginia Melo Ruiz, Oscar Cuamatzi. Bioquímica de los procesos metabólicos. Google books. [1]
- ↑ Robert W. McGilvery. Conceptos bioquímicos. Google books