Ovella islandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovella islandesa en Grábrók
Ovella islandesa cos seus años

A ovella islandesa é unha raza doméstica de ovella.

A raza islandesa é unha raza de ovella orixinaria da Islandia, na Europa setentrional caracterizada polo seu pequeno rabo. A ovella islandesa é de tamaño medio, xeralmente con patas curtas e fortes; que xunto á súa testa, están libres de la. A la da raza islandesa proporciona unha dobre cuberta e adoita ser de cor branca, aínda que pode variar a marrón, gris ou negro. A ovella pode posuír ou non cornos. Xeralmente non se rapa nos invernos, xa que estes son moi fríos en Islandia. O nacemento de xemelgos é moi común nas femias das ovellas islandesas, cunha media de nacementos entre 175% - 220%. Estas ovellas caracterízanse por posuíren o xene chamado Thoka. As ovellas femia que o posúen poden parir camadas de tres, catro, cinco e ata seis años.

As ovellas son criadas como años ata os 10 ou 11 meses. A súa tempada de cría comeza en outubro, e poden durar catro meses. Os machos destas ovellas chegan á madurez moi cedo, e poden criar ós 5 meses.

A raza islandesa leva sendo criada dende hai centos de anos nun ambiente moi duro, facéndoa unha eficiente herbívora.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]