Outeiro (banda)
Aparencia
Outeiro | |
---|---|
Orixe | Vigo, Galicia |
Período | ?-1980 |
Xénero(s) | jazz rock |
Selo(s) discográfico(s) | Ruada |
Membros | Fernando Llorca Pepe Bordallo Lorenzo Cuasante Rubén Péz Alfonso Correia |
Outeiro foi un grupo galego de jazz rock formado en Vigo a finais dos setenta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A banda comezou como un trío con Pepe Bordallo ó baixo, Fernando Llorca á batería e Rubén Péz á guitarra, para máis adiante incorporar a Lorenzo Cuasante (nun inicio como músico de estudio). Gravaron un disco na liña de Return to Forever ou Colosseum II en Madrid coa discográfica folk Ruada, ó que titularon Ollos de marzal. O disco non chegou a reeditarse en CD polo que só existen os vinilos da edición orixinal, agora convertidos en pezas de colección. A formación tivo unha efémera existencia, pois trala edición do seu primeiro e único disco e actuar nuns cantos concertos esta disolveuse no inverno de 1980.
Membros
[editar | editar a fonte]- Fernando Llorca (batería, percusión, trompeta)
- Pepe Bordallo (baixo)
- Lorenzo Cuasante (teclados)
- Rubén Péz (guitarra)
- Alfonso Correia (percusión, frauta)
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1980: Ollos de marzal (Ruada R-107-D)