Os mártires do mar
Os mártires do mar, a represión franquista contra os mariñeiros galegos[1] foi unha exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura e Deporte co gallo do Ano da Memoria (2006). A mesma consistiu nunha serie de paneis explicativos nos que se informaba sobre a represión do levantamento fascista contra o tecido asociativo mariñeiro durante a guerra civil. A exposición albergouse no interior do Barco da Memoria, o Hidria Segundo, o cal percorreu a costa galega dende o 17 de xullo ata o 8 de setembro de 2006.[2] A exposición visitou as vilas de Cambados, Moaña, Baiona, Marín, O Grove, A Illa de Arousa, Rianxo, Cabo de Cruz, Ribeira, Portosín, Muros, A Coruña, Mugardos, Ferrol, Cangas, Raxó, Vigo e Vilagarcía.[2]
Baixo o título O Barco da Memoria realizouse tamén un documental para televisión nunha coprodución entre TVG e Saga TV. Foi dirixido por Marcos Gallego baseada no proxecto do comisario da exposición, Dionisio Pereira. [3] A súa estrea tivo lugar na biblioteca de Pontevedra o 8 de xaneiro de 2007.[4][5] Foi emitido tamén vía satélite e a través de Internet o 17 de febreiro de 2007.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Documental sobre o Barco da memoria". Culturmar. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Pereira, Dionísio (2004). "O barco da Memoria" (PDF). Ardentía: revista galega de cultura marítima e fluvial (3): 6–11. ISSN 1699-3128.
- ↑ María Conde (8 de xaneiro de 2007). "A travesía do barco da memoria". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "A Televisión de Galicia emite o vindeiro sábado, ás 15:42 horas, o filme documental ´O Barco da Memoria´". Nomes e voces. 25 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Documental sobre o Barco da memoria". Culturmar. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Emisión do filme documental ´O Barco da Memoria´ no exterior". Nomes e voces. 5 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira, Dionísio (2004). "O barco da Memoria" (PDF). Ardentía: revista galega de cultura marítima e fluvial (3): 6–11. ISSN 1699-3128.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Folleto da exposición" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2006. Consultado o 12 de abril de 2019.