Saltar ao contido

Orora Gongju

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Princess Aurora
Ficha técnica
Título orixinalOrora Gongju
오로라공주
DirectorBang Eun-jin
GuiónBang Eun-jin
Kim Chang-rae
Seo Min-hee
IntérpretesUhm Jung-hwa
Moon Sung-keun
MúsicaJae-hyeong Jeong
FotografíaYeong-hwan Choi
DistribuidoraCinema Service
Estrea2005
Duración106 minutos
Orixe Corea do Sur
XéneroSuspense
Na rede
IMDB: tt0488174 Filmaffinity: 858961 Allocine: 111042 Allmovie: v344282 Editar o valor en Wikidata

Orora Gongju (en hangul 오로라공주) é un filme surcoreano dirixido por Bang Eun-jin que se estreou no 2005. Malia que se estreou con menos promoción, a súa temática violenta valeulle a comparación co filme Sympathy for Lady Vengeance, estreado o mesmo ano. Foi o debut como director e guionista da actriz Bang Eun-jin.

Unha muller é asasinada nuns grandes almacéns. Ninguén se imaxina que os asasinatos seguirán, pero dous días despois aparece outra vítima. Unha muller é afogada e a única proba na escena do crime é un adhesivo cunha personaxe de debuxos animados, "Princess Aurora". Un veterano detective comeza a sospeitar da fermosa Jung Sun jung pero non llo di a ninguén, xa que Jung é a súa ex muller. Os asasinatos seguen e o adhesivo de "Princess Aurora" atópase ó carón de tódolos cadáveres.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

2006 Korean Film Awards[1]

2006 Paeksang Arts Awards

2006 Pusan Film Critics Awards

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]