Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 12 de decembro de 1969 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro (Harakat Tahrir en árabe) foi un movemento político nacionalista saharauí de carácter clandestino que xurdiu a partir de 1967 baixo o liderado de Mohamed Bassir.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Bassir aglutinou nun primeiro momento a un pequeno número de seguidores localizados en Smara que de aí foise esparexendo polo norte e centro do territorio, e máis escasamente polo sur, ata chegar a un total aproximado de 5.000 militantes, boa parte deles formado por suboficiais e soldados da Agrupación de Tropas Nómades, policías, funcionarios e algunhas autoridades tradicionais.
Cando as autoridades gobernativas do Sáhara español decidiron convocar unha manifestación para o 17 de xuño de 1970 no Aaiún contra os comunicados de Tlemcén e Casabranca redactados tras as xuntanzas de Hassan II con Hari Boumédienne e Moktar Uld Dadah sobre o Sáhara, a organización de Bassir decidiu convocar unha contramanifestación na barriada de Zemla coa intención de facer presión para entrevistarse co gobernador, quen diante á negativa a sumarse á manifestación oficial ou disolverse enviou a lexión para disolvela, o que provocou un masacre entre os manifestantes ao disparar os lexionarios contra da manifestación. Nos días seguintes detívose o seu líder, Bassir, do que non se volveu saber máis e a organización deixou de actuar.
O movemento pretendía a consecución de xeito pacífico dunha autonomía para o Sáhara Occidental que preparase o camiño cara á independencia do territorio. Tamén pretendía a supresión dos dirixentes tradicionais.