Saltar ao contido

Organización Obreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Organización Obreira
Tipopartido político e sindicato
Data de fundaciónabril de 1972
Data de disoluciónxuño de 1974
SedeVigo
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Organización Obreira foi unha organización político sindical que xurdiu en abril de 1972 dunha escisión do PCE de Vigo, composto por obreiros novos militantes de Comisións Obreiras e das Xuventudes Comunistas, desconformes co Pacto pola Liberdade que fixera público o partido en 1972 e que chamaba á unidade de todos os demócratas, por riba da súa clase, para derrotar ao franquismo. O sindicato conseguiu un certo protagonismo nas mobilizacións obreiras que se realizaron en setembro de 1972 en Vigo, ao se enfrontar coa policía, mais a represión que seguiu descabezouno.

Organigrama

[editar | editar a fonte]

O seu voceiro foi Organización Obreira (1972-1974), tamén publicou un boletín dirixido aos mariñeiros, O Noso Mañán.

Dirixíao un Comité Executivo que compuñan dez persoas, Xosé Anxo García Méndez foi o seu secretario xeral, existían tres Comités de Zona na área de Vigo. O sindicato tiña arredor dun cento de militantes, a maioría de Vigo, pero houbo militantes en todas as cidades galegas.

Proceso de disolución

[editar | editar a fonte]

OO viviu un conflito interno entre os partidarios de integrarse na Organización Marxista-Leninista de España (OM-LE) e aqueles que desexaban manter unha maior relación coa Unión do Povo Galego. Unha parte acabou integrándose no OM-LE, que foi a orixe do Partido Comunista Reconstituído e dos GRAPO, e outra parte marchou á UPG, aínda que tras a formación do PC-r unha parte ingresou nel. Organización Obreira disolveuse en xuño de 1974.