A Fundación Latinitas (en latín e oficialmente: Opus Fundatum Latinitas) é unha institución da Igrexa Católica adicada ao estudo e mantemento dos estándares da lingua latina.
A Fundación Latinitas foi creada no ano 1976 polo papaPaulo VI. Actualmente, ademais de prover dun estándar para a lingua escrita e falada en latín, promove dende diversos sectores o estudo do latín clásico, o latín medieval e o chamado latín eclesiástico.