Saltar ao contido

Opus Dei (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Opus Dei
Laibach Editar o valor en Wikidata
 Título
   Opus Dei (la) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
23 de marzo de 1987 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
   8 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Códigos e identificadores
Freebase/m/02t26w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Spotify: 6xIX2aZCyYPqgqNFr58az0 Discogs: 13417 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Opus Dei é o terceiro álbum da banda eslovena de música industrial Laibach, publicado no ano 1987 a través do selo Mute Records. O disco inclúe "Geburt einer Nation" ("nacemento dunha nación"), unha versión en alemán da canción de Queen "One Vision", e dúas reelaboracións do único éxito da banda austríaca Opus "Live Is Life". A canción de Opus está en alemán como "Leben heißt Leben" e en inglés como "Opus Dei". "The Great Seal" é o himno do Neue Slowenische Kunst e a súa letra está collida do discurso de Churchill "We shall fight on the beaches" (loitaremos nas praias). Un novo arranxo da canción aparece no álbum Volk, co título "NSK". En Volk a canción aparece acreditada a Laibach e Slavko Avsenik, Jr.

Hai dúas conexións máis co álbum A Kind of Magic de Queen. Aínda que o loop de batería en "Trans-National" é case idéntico ao de "Don't Lose Your Head" de Queen, de feito está composto por samples do tema de introdución da película A batalla de Neretva, composta por Bernard Herrmann na súa versión en inglés. Os elementos de "How the West Was Won" (concretamente as guitarras rítmica e harmonizada) están inspiradas pola canción "Gimme The Prize" de Queen.

O álbum foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[1] En 2023, Consequence situouno no número 6 da súa lista dos 50 mellores álbums industriais de todos os tempos.[2] Al Jourgensen de Ministry nomeouno un dos dez discos esenciais da música industrial.[3]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º Título Duración
1. "Leben heißt Leben" (versión de Live is Life de Opus) 5:28
2. "Geburt einer Nation" (versión de One Vision de Queen) 4:22
3. "Leben - Tod"   3:58
4. "F.I.A.T."   5:13
5. "Opus Dei"   5:04
6. "Trans-National"   4:28
7. "How the West Was Won"   4:26
8. "The Great Seal"   4:16
Cancións extra no CD sacadas do álbum Baptism
N.º Título Duración
9. "Herz-Felde"   4:46
10. "Jägerspiel"   7:23
11. "Koža"   3:51
12. "Krst"   5:39
  1. "Laibach - Opus Dei - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2024-08-28.
  2. "50 Best Industrial Albums of All Time". Consequence (en inglés). 2023-07-17. Consultado o 2024-08-28.
  3. "Ministry's Al Jourgensen's 10 Essential Industrial Albums" (en inglés). 2023-07-19. Consultado o 2024-08-28.