Operador argumentativo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Operadores argumentativos son uns dos marcadores do discurso xunto cos estruturadores da información, conectores, reformuladores, e marcadores conversacionais. Chámanse así aqueles marcadores que polo seu significado condicionan as posibilidades argumentativas do membro do discurso en que se inclúen, pero sen relacionalo con outro membro anterior". Poden ser:

  • Operadores de reforzo argumentativo, cuxo significado consiste esencialmente en reforzar como argumento o membro do discurso en que se atopan. Deste xeito, e á vez que se reforza o seu argumento, limítanse os outros como causantes de posibles conclusións: "en realidade" -que distingue outro argumento como aparencia-, "no fondo" -que presenta a un argumento con maior forza que outro simplemente posible-, "de feito" -que presenta un argumento como un feito certo, e polo tanto con máis forza ca outro discutible ou probable- etc...
  • Operadores de concreción, que presentan o membro do discurso que os inclúe como unha concreción ou exemplo dunha expresión máis xeral: "por exemplo", "en concreto", "en particular", "por caso".