Opencor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Opencor en Aravaca, Madrid

OpenCor é unha cadea española de tendas de conveniencia, iniciada en 2000, pertencente ao grupo de empresas El Corte Inglés, cuxo presidente é Isidoro Álvarez e o seu director xeral Víctor del Pozo Gil.

Historia e características[editar | editar a fonte]

OpenCor inaugurouse o 18 de maio de 2000 a través do seu centro de Majadahonda en Madrid.

Constitúe un novo concepto de cadea de tendas abertas os 365 días do ano durante 18 horas. As tendas OpenCor presentan seccións de produtos de primeira necesidade (alimentación, droguería e similares) así como artigos de lecer (discos, películas, videoxogos etc.), agasallos e outros produtos.

As tendas OpenCor existentes nas estacións de servizo de Repsol denomínanse Repsol-Opencor e xestiónanse pola sociedade Gespevesa,[1] cuxo accionariado repártese a partes iguais entre El Corte Inglés e Repsol. Previamente a esta denominación chamáronse Repsol-Supercor, desde 1998.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]