Saltar ao contido

Ongewenste vreemdeling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ongewenste vreemdeling
Ficha técnica
DirectorJans Rautenbach
ProdutorEmil Nofal
GuiónJans Rautenbach
Baseado enOngewenste vreembdeling: obra radifónica de C.F. Beyers-Boshoff
IntérpretesMarie du Toit
Sandra Kotzé
Barry Trengove
Dulcie van den Bergh
Marius Weyers
EstudioMonarch Films
Estrea1974
Duración105 minutos
OrixeSudáfrica Suráfrica
Linguaafrikaans
Na rede
IMDB: tt0366849 Editar o valor en Wikidata

Ongewenste Vreemdeling é un filme surafricano en afrikaans de 1974 dirixido por Jans Rautenbach e producido por Emil Nofal, baseado nunha obra radiofónica[1] de CF Beyers-Boshoff é un drama romántico que se rodou en Knysna e Wilderness na provincia do Cabo Occidental.

Características

[editar | editar a fonte]

A colaboración entre Rautenbach e Nofal marcou unha época e foi o máis próximo a un movemento cinematográfico no cinema surafricano[2]. Non obstante, o filme principiou un camiño que levou a un menor idealismo e unha retirada do debate público por parte do director[3].

Argumento

[editar | editar a fonte]

Gerhard Steenberg é un asasino en liberdade condicional que viaxa ata o Duiwelsvallei( val do diaño), un lugar onde ata o diaño ha camiñar e inmíscise nas peculiares vidas dos seus habitantes. Inicialmente todo vai ben, mais logo chega a morte, os celos, a vinganza de sangue e a traizón. Gerhard queda enredado nun triángulo amoroso e nin sequera o suicidio da súa moza expulsa ao descoñecido fóra do val. Só o sangue, o propio, o da súa exmuller e do seu mellor amigo Bergsma, arredarano do lugar.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Arrie S. De Beer (1993) Mass Media for the Nineties: The South African Handbook of Mass Communication. J.L. van Schaik, p. 165
  2. Annette Kuhn, Susannah Radstone (1994) The Women's Companion to International Film. University of California Press, p. 334
  3. Keyan Tomaselli (2013) The Cinema of Apartheid: Race and Class in South African Film Routledge, p. 91