One Tree Hill (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

One Tree Hill
Na rede
http://www.cwtv.com/shows/one-tree-hill
IMDB: tt0368530 Filmaffinity: 698577 Allocine: 177 Rottentomatoes: tv/one-tree-hill Allmovie: v295841 Metacritic: tv/one-tree-hill TV.com: shows/one-tree-hill Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

One Tree Hill é unha serie creada por Mark Schwahn que se emitiu por primeira vez en setembro de 2003 no canal americano WB Television Network. Narrada en ton dramático, conta a vida de 5 adolescentes na localidade de Tree Hill (EEUU). A serie conta con 6 temporadas, na sétima a emitir a partir de setembro de 2009 non participarán Chad Michael Murray e Hilarie Burton, dous dos actores principais.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Lucas Scott (interpretado por Chad Michael Murray). Lucas e medio irmán de Nathan (o pai de Nathan saíu no instituto coa súa nai, pero o quedar esta embarazada abandoouna por outra muller, coa que logo tivo a Nathan) e mellor amigo de Haley. É un adolescente sensible e apaixonado pola literatura e o baloncesto.

Nathan Scott (interpretado por James Lafferty). Medio irmán de Lucas, comeza a serie sendo un adolescente arrogante, pero a súa dificultosa relación familiar e o amor fanno ser un dos personaxes que máis evoluciona o longo da serie. Ó comezo da primeira temporada sae con Peyton.

Haley James-Scott(interpretada por Bettany Joy Galeotti). Mellor amiga de Lucas, gran estudante e apaixonada da música. Participa no programa de tutorías do instituto de Tree Hill, a través do cal entablará relación con Nathan.

Brooke Davies(interpretada por Sophia Bush). Mellor amiga de Haley e capitá do equipo de animadoras do instituto de Tree Hill. Atraída por Lucas dende que este ingresa no equipo de baloncesto, acostumada a consegui-lo que quere, proponse conseguir a Lucas.

Peyton Sawyer(interpretada por Hilarie Burton). Mellor amiga de Brooke e moza de Nathan o comezo da primeira temporada, atopará o amor a primeira vista en Lucas, pero todo será moi complicado. Animadora, debuxante e apaixonada da música.

Outros personaxes[editar | editar a fonte]

Dan Scott (interpretado por Paul Johansson. Pai de Lucas e de Nathan. De novo foi un importante xogador de baloncesto, pero viuse apartado do xogo por unha lesión. Tratará de conseguir que o seu fillo Nathan persiga este soño que el non puido conseguir, mentres que ignora e despreza a Lucas.

Deb Scott (interpretada por Barbara Alyn Woods). Nai de Nathan e muller de Dan.