Olav II de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Olav III de Dinamarca")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olav II de Dinamarca
Oluf 2 of Denmark (Kronborg tapestries).jpg
Nacemento1370
 Fortaleza de Akershus
Falecemento3 de agosto de 1387
 Falsterbo
SoterradoSorø Abbey
NacionalidadeNoruega e Dinamarca
Relixióncristianismo
PaiHaakon VI da Noruega
NaiMargarida I de Dinamarca
editar datos en Wikidata ]

Olav IV Haakonsson, tamén coñecido como Oluf II de Dinamarca e Olav IV en Noruega, nado na fortaleza de Akershus de Oslo, en decembro de 1370 e finado no castelo de Falsterbo, en Skåne (actual Suecia), o 3 de agosto de 1387,[1] foi rei de Dinamarca entre 1376 e 1387 e rei de Noruega de 1380 a 1387. Tamén foi rei de Suecia, en oposición a Alberto de Mecklemburgo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Olav era fillo de Haakon VI de Noruega e Margarida I de Dinamarca. Haakon era fillo do rei Magno II de Suecia e de Margareth, filla do rei Valdemar IV de Dinamarca. Despois de Olav, ningún rei noruegués naceu en chan noruegués por máis de 550 anos, até que o príncipe Harald naceu en 1937. A súa morte foi o fin da liña masculina da Dinastía Folkung en Suecia.

Olav herdou o trono de Dinamarca a través da súa nai, e o trono noruegués a través do seu pai. Foi electo formalmente Rei de Suecia en 1385, a pesar de ser apenas un adolescente e, polo tanto, a súa nai sería a rexente. A súa morte prematura en 1387, tornou á súa nai, Margarida I de Dinamarca capaz de unir os tres reinos escandinavos nunha unión sobre unha soa coroa como a Unión de Kalmar en 1397.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bjørkvik, Halvard (13 de febreiro de 2009). "Olav 4 Håkonsson". Norsk biografisk leksikon (NBL) (en noruegués). Consultado o 24-9-2019. 
  2. VV.AA. (2007). Diciopedia do século XXI. II (E-Ñ). Vigo: Edicións do Castro / Edicións do Cumio / Editorial Galaxia. p. 21. ISBN 84-8485-240-7. 
  3. Ingebritsen (2003), p. 7

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ingebritsen, Christine (2006). Scandinavia in World Politics. Col. Europe Today (en inglés). Lanham, MD: Rowman & Littlefield Publishers. ISBN 978-0742509665. 
Predecesor:
Valdemar IV
Rei de Dinamarca
1375 - 1387
Sucesor:
Margarida I
Predecesor:
Haakon VI
Rei de Noruega
1380 - 1387
Sucesor:
Margarita