Ola mundo

Ola mundo é un programa informático que simplemente imprime o texto «Ola mundo!» nun dispositivo de saída, xeralmente un monitor. Habitualmente o programa úsase como introdución ao estudo dunha linguaxe de programación e constitúe un típico primeiro exercicio, fundamental dende o punto de vista didáctico.
Nalgunhas linguaxes, configurar un conxunto de ferramentas básicas completo dende cero ata compilar e executar pequenos programas envolve unha cantidade de traballo substancial, e por isto polo que se usa como un programa moi simple para probar un novo conxunto de ferramentas.
Nos sistemas baseados en microcontroladores empregados para a aprendizaxe, denomínase Ola mundo ao programa que permite pór en modo intermitente un LED[1]. O programa consiste en mandar alternativamente un nivel alto e un baixo por un dos portos do sistema, dando a cada un valor de retardación.
Así en HTML5 o código sería:
<!DOCTYPE HTML>
<html>
<head>
<title>Ola mundo</title>
</head>
<body>
<header>Ola mundo!</header>
<nav></nav>
<section>
<article>
</article>
</section>
<footer>
</footer>
</body>
</html>