Okean OE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Okean OE foi unha serie de dous satélites artificiais soviéticos lanzados en 1983 e 1984.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os satélites Okean OE foron satélites experimentais para monitorizar a superficie oceánica. Eran os sucesores dos satélites Okean E e prototipos dos satélites Okean O1. Estaban baseados no bus Tselina-D e levaban a bordo un radiómetro, un polarímetro para radiación na lonxitude de onda de 3,2 cm, unha cámara multiespectral e un radar en banda X cunha resolución máxima de 0,7 km .[1][2]

Okean OE-1 foi tamén denominado Kosmos 1500 e foi lanzado o 28 de setembro de 1983, mentres que Okean OE-2 levaban tamén a denominación Kosmos 1602 e foi enviado ao espazo o 28 de setembro de 1984. Ambos satélites foron lanzados mediante foguetes Tsiklon-3.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Okean OE-1 28 de setembro de 1983 Tsiklon-3 Éxito
Okean OE-2 28 de setembro de 1984 Tsiklon-3 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Okean-OE" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Okean-OE 1, 2" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]